Macbeth (Verdi)

Macbeth
FormaÓpera
Actos e escenas4 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaPiave e Maffei
Fontes literariasShakespeare: Macbeth
Estrea14 de marzo de 1847
Teatro da estreaTeatro della Pergola
Lugar da estreaFlorencia
Duración2 horas 45 minutos[1]
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Localización da partituraArchivio Storico Ricordi, Milán
Personaxes

Macbeth (barítono)
Lady Macbeth (soprano)
Duncan (Duncano, papel mudo)
Banquo (Banco, baixo)
Macduff (tenor)
Malcolm (mezzosoprano)
Fleanzio (papel mudo)
Medico (baixo)
Un criado de Macbeth (baixo)
Sicario (baixo)
Araldo (baixo)
Ecate (bailarina)

Macbeth é unha ópera en catro actos e dez cadros con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave e Andrea Maffei, baseado na traxedia homónima de William Shakespeare, sendo a décima ópera de Verdi e a primeira das obras do dramaturgo inglés que adaptou para a escena operística. A súa estrea tivo lugar no Teatro della Pergola de Florencia o 14 de marzo de 1847. A ópera foi revisada para a súa estrea en Francia, que tivo lugar o 19 de abril de 1865 no Théâtre Lyrique de París.

Esta ópera está entre as máis representadas do repertorio, aparecendo nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. no posto n.º 31 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo la 19.ª en Italia e a novena de Verdi, con 123 representacións no período.

  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 169. ISBN 978-84-670-2605-4. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search